Xornada Novos perfís profesionais na era dixital

O vindeiro xoves 5 de decembro terá lugar a Xornada "Novos perfís profesionais na era dixital", enmarcada no programa de Voluntariado Dixital da AMTEGA, na súa liña de actuación de apoio na procura de emprego. A xornada, que terá lugar no Salón 103 da Cidade da Cultura, vai dirixida a voluntari@s dixitais, entidades de Acción Social, moz@s, persoas desempregadas, orientadores laborais e calquera persoa interesada, entusiasta de Internet e o 2.0.

A asistencia á xornada é de carácter gratuíto.

Os obxectivos da xornada son:

- Mostrar aos asistentes como, grazas ao avance da Economía Dixital, existen moitos e moitas mozas que empezan a ocupar postos de traballo que as empresas demandan dende hai pouco tempo, así como achegar outros perfís de nova creación que atenderán a futuras necesidades do mercado.
- Habilitar un foro onde mozos e mozas galegos, exemplos de emprendemento, poidan dar a coñecer como, grazas á súa paixón polo mundo das redes sociais, internet e as novas tecnoloxías, traballan no que máis lles apaixona, o mundo dixital.

Programa da xornada.

As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición a través da web de Voluntariado Dixital, cumprimentando o Formulario de rexistro.