Xornada de presentación do lanzamento da Consulta Preliminar ao Mercado de SMARTiago
O xoves 21 de novembro ás 10:30 horas celébrase a xornada de presentación do lanzamento da Consulta Preliminar ao Mercado de SMARTiago na Capela do Hostal dos Reis Católicos (Praza do Obradoiro) en Santiago de Compostela, dirixida a empresas e axentes do ecosistema de innovación interesados en participar no programa. Na xornada explicarase polo miúdo o programa e os retos detectados que se queren abordar e que se esperan cubrir a través das futuras licitacións.
Para máis información e inscrición á xornada pódese consultar á web do Programa SMARTiago.