X edición dos Premios Eganet
A Asociación de Empresas Galegas adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías, EGANET, convoca a décima edición dos seus premios, unha década de estímulo ao labor de creación dos empresarios, profesionais e outros axentes que se senten comprometidos coa expansión da Sociedade da Información en Galicia e que deseñan, programan, desenvolven, implantan ou usan produtos e servizos que teñen en Internet e as novas tecnoloxías da información a súa razón de ser.
O prazo de presentación das candidaturas está aberto ata o vindeiro día 26 de xaneiro de 2014.
Mais Información da convocatoria
Os Premios entregaránse nunha gala que terá lugar o vindeiro día 31 de xaneiro en Nigrán.