Reunímonos coa alcaldesa de Lugo

reunionLugo

O martes 4 de febreiro os integrantes do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, Julio Sánchez Agrelo e Javier Fernandez Fraga xunto con Esther Tapia, directora xeral do COIT reuníronse con Paula Alvarellos, alcaldesa do concello de Lugo, co obxectivo de mellorar a conectividade da zona rural galega que dirixe.

Durante a xuntanza abordáronse tamén aspectos relacionados coas novas tecnoloxías e o que estas proporcionan para a mellora da calidade de vida das persoas, como poden ser a eliminación da fenda dixital, levar a todos os lugares a fibra óptica, o 5G, a conexión por satélite e o internet das cousas.

Máis información en novas Concello de Lugo.