Publicamos unha nova edición da revista A Nosa Rede!
A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia edita unha nova edición da revista corporativa A Nosa Rede, monográfica do encontro anual máis significativo organizado polo COETG e a AETG: A Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2019.
Neste número recóllese a crónica e galería fotográfica do evento e multitude de artigos sobre a Converxencia Tecnolóxica da 5G escritos por expertos das entidades participantes.
Como novidade respecto a números anteriores a revista publícase en galego e en castelán con destacados en inglés en ámbalas dúas versións. Accede aquí ás publicacións: