O COETG/AETG impartiron unha conferencia aos estudantes do máster na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación

O COETG/AETG impartiron unha conferencia aos estudantes do máster na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación

O martes 21 de marzo, o COETG/AETG, da man do seu vogal Javier Fernández Fraga, impartíu unha conferencia aos estudantes de primeiro curso do máster de Enxeñaría de Telecomunicación. Durante a mesma, Javier Fernández comentou a súa experiencia persoal con máis de 20 anos de traxectoria profesional como libre exercente e deu a coñecer aos futuros enxeñeiros de telecomunicación a visión do mercado laboral e panorama actual da enxeñaría de telecomunicación.

Esta actuación enmarcase na liña de colaboración que o COETG/AETG mantén coa propia Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e sobre todo de acercamento aos estudiantes para darlles a coñecer tamén a existencia tanto da Asociación como do Colexio Oficial e a importancia e vantaxes de formar parte deles.