O COETG participa na xornada “As TIC e a e-Administración no marco das Smart Cities"

Entre os actos conmemorativos do Día Mundial das Telecomunicacións e a Sociedade da Información 2014, o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia participa na xornada “As TIC e a e-Administración no marco das Smart Cities” que terá lugar o vindeiro día 9 de maio no Centro Social Novacaixagalicia en Vigo.

Neste acto, organizado por CONETIC en colaboración con INEO contarase coa presenza de representantes de entidades locais, ao obxecto de identificar necesidades e carencias de ámbito Smart nos seus municipios, e coa de expertos TIC, que amosarán tecnoloxías que axudan á eficiencia e sustentabilidade da Administración Pública, de forma que sirvan como exemplo dos campos onde se poden desenvolver iniciativas empresariais exitosas.

Programa da Xornada
Ficha de inscrición

Para asistir será preciso remitir por mail a info@conetic.info a ficha de inscrición, indicando no asunto “Asistir xornada ETICs”.