O COETG fixo entrega do segundo premio Student Best Paper Awards, durante o SAM 2014
O 24 de xuño tivo lugar o acto de entrega de premios do SAM workshop no Pazo de Vilaboa. Este importante evento do IEEE Signal Processing Society, que contou coa participación do Colexio de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, desenvolveuse en A Coruña durante os días 22 e 25 de xuño.
O decano do COETG, Ramón Bermúdez de Castro Olavide, foi o encargado de facer entrega do segundo premio a Axel Müller (Supélec & Intel, France) polo seu proxecto "Efficient Linear Precoding for Massive MIMO Systems using Truncated Polynomial Expansion".
Ramón Bermúdez de Castro facendo entrega do premio a Axel Müller
Patrocinadores SAM 2014