O COETG e AETG presentes no XV Foro Tecnolóxico de Emprego

O COETG e AETG presentes no XV Foro Tecnolóxico de Emprego

O Colexio Oficial/Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia están a participar activamente na XV edición do Foro Tecnolóxico de Emprego da Universidade de Vigo que ten lugar esta semana do 2 ao 6 de marzo nas Escolas de Telecomunicacións, Minas e Industriais.

Estamos presentes cun stand expositivo no vestíbulo da E.T.S.E. de Minas, onde, ata o venres 6 de marzo, se informa "in situ" aos asistentes, das funcións e servizos que ofrecen o COETG e a AETG aos enxeñeiros de telecomunicación e se pon a disposición dos visitantes información do colexio e asociación.

O luns día 2 tivo lugar a impartición dunha conferencia baixo o título "O Enxeñeiro de Telecomunicación no exercicio libre da profesión" na que Luisa Lombardero, responsable do departamento técnico da AETG, transmitiu aos futuros enxeñeiros de telecomunicación, as diferentes posibilidades do exercicio profesional centrándose fundamentalmente no exercicio libre da profesión.