O COETG colabora na organización da IX Edición do Tour Tecnolóxico @asLAN

O COETG colabora na organización da IX Edición do Tour Tecnolóxico @asLAN

Un ano máis o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia colabora na organización do Tour Tecnolóxico @asLAN que este ano celebra a súa IX edición baixo o título “Mobilidade e Cloud, dúas tendencias imparables” e que chegará a cidade de A Coruña o 12 de novembro.

O Tour arranca este ano en Sevilla, o 24 de setembro, e estará presente en Bilbao, Las Palmas de Gran Canaria, Barcelona e A Coruña. En todas as cidades desenvolverase un extenso programa, con conferencias sobre redes definidas por software (SDN), BYOD, banda ancha inalámbrica (WiFi, WiMax, LTE), virtualización de escritorios (VDI), mobilidade, comunicacións unificadas, centros de datos, etc. dirixidas a responsables de tecnoloxía e innovación de organizacións tanto do sector público como privado.

Iremos dando conta de toda a información referente a este evento así como da forma de inscrición.

Máis información sobre o Tour Tecnolóxico @asLAN

Inscricións