A Noite Galega das Telecomunicacións xa está en marcha!!

Reserva axenda porque xa estamos traballando na organización da XIX Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información organizada polo Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG).

Este ano terá lugar o 24 de outubro no Gran Hotel de A Toxa e estará adicada a “Sociedade Dixital e Saúde” e contará cunha importante representación tanto do noso sector como do ámbito sanitario.

Como xa é tradición, no transcurso da Noite faremos entrega dos Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2014.

En breve facilitaremos información de cómo asistir, programa do acto e todo o relativo a este evento no que estamos a traballar.