Importante participación na xornada "A ciberseguridade como estratexia"

Onte tivo lugar a xornada que sobre ciberseguridade como estratexia organizamos xunto coa empresa Akuda Ciberseguridad no Club Nordés de Coruña.
Os asistentes tiveron a oportunidade de explorar da mán de especialistas e expertos na materia das tendencias actuais e futuras en ciberseguridade para o ano 2025, comprender as claves para adaptarse ao novo marco regulatorio en ciberseguridade, estudar análise de casos de estudo reais que serven de inspiración para desenvolver estratexias efectivas e realizar networking con especialistas no campo.

Ademais durante a xornada analizáronse os distintos tipos de ciberataques, como afrontalos, coas ferramentas e métodos dispoñibles, tendo en conta a irrupción da intelixencia artificial. A concienciación, a prevención e a formación son os principais retos.
