I Congreso Nacional CIOS
En virtude do acordo de colaboración entre o Colexio Oficial/Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia e APD (Asociación para el progreso de la dirección), os asociad@s/colexiad@s poden asistir ao I Congreso Nacional CIOS "Evolución del CIO al CiiO. Reinvéntate y marca tendencia" que terá lugar o vindeiro 25 de xuño no Palacio Municipal de Congresos de Madrid.
Neste congreso preténdese reunir a todos os CIOs de España co obxectivo de axudarlles a atopar o valor diferencial do seu novo rol nas organizacións e xerar un debate que nos axude a definir o seu novo papel como xeradores de crecemento.
Se estás interesado en asistir envía un correo electrónico indicando o teu nome, apelidos e número de colexiado/asociado á aetg@aetg.org.