Convocatoria dos Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2013
AMPLIADO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS ATA O MÉRCORES 18 DE SETEMBRO ÁS 13.00 HORAS
O Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG) convocan unha nova edición dos Premios Galicia Telecomunicacións e Sociedade da Información 2013. Estes premios son:
- Premio Gerardo García Campos á Mellor Iniciativa Empresarial no sector TIC 2013.
- Premio GRADIANT á Mellor Tese Doutoral aplicada ao Sector TIC 2013.
- Premio INEO ao Produto ou Servizo TIC máis innovador 2013.
Os Premios entregaranse no trascurso da XVIII Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información.
O prazo de presentación de memorias para todos os premios remata o vindeiro 18 de setembro ás 13:00 horas.
- Premio Gerardo García Campos á Mellor Iniciativa Empresarial no sector TIC 2013. Patrocinado pola Fundación Ingeniero Gerardo García Campos e dotado con 6.000 euros, este premio pretende dar un impulso económico e social a aquelas empresas que están empezando a súa andaina ao concederse a un proxecto empresarial emerxente no ámbito das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións.
- Premio GRADIANT á Mellor Tese Doutoral aplicada ao Sector TIC 2013. Dotado con 2.000 euros, con este premio preténdese fomentar a realización de teses doutorais como vehículo de xeración de coñecemento e recoñecer a aqueles investigadores das universidades galegas que teñan completada a súa tese doutoral nun eido aplicable ao sector TIC.
Bases do Premio GRADIANT
Ficha resumo
- Premio INEO ao Produto ou Servizo TIC máis innovador 2013. Con este Premio, de carácter honorífico, preténdese recoñecer ás empresas cuio traballo constitua un modelo para o mundo das TICs.
Bases do Premio Ineo
Solicitude de participación