Convocatoria de eleccións de membros da Xunta Directiva da AETG
A Xunta Directiva acordou a CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS dos Membros da Xunta Directiva da AETG para o vindeiro 23 DE ABRIL DE 2025, de conformidade co disposto nos vixentes Estatutos da AETG.
As candidaturas deberán obrar en poder da Xunta Electoral o día 3 de abril de 2025, a través da Secretaría da AETG, segundo o disposto nos Estatutos da AETG.
A efectos de necesidade dunha posible comunicación urxente por parte da Xunta Electoral coa candidatura presentada, é imprescindible que se especifique un número de teléfono de contacto e un correo electrónico.
Toda a información relativa a este proceso electoral irase actualizando nesta páxina web segundo o procedemento que estableza a Xunta Electoral ou a propia AETG. Para a presentación de candidaturas, é necesario o seguemento destas actualizacións de información relativas ao proceso.
Calquera dúbida ou consulta que queiras realizar sobre este proceso electoral pódela dirixir ao correo electrónico administracion@aetg.gal ou chamando ao teléfono 986.465.234.
A convocatoria coa orde do día, hora e lugar de celebración da Xunta Xeral Extraordinaria para eleccións de membros da Xunta Directiva da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia a celebrar o día 23 de abril de 2025, comunicarase aos asociados coa antelación suficiente segundo os Estatutos da AETG e trala reunión da Xunta Electoral.