Conferencia: Servizos IoT e redes LoRaWAN - 30 de marzo ás 17:30 h
O vindeiro xoves 30 de marzo ás 17.30h celebramos a xornada "Servizos IoT e redes LoRaWAN" no Gaiás Tech da Cidade da Cultura de Galicia. Trátase dunha conferencia en formato presencial con posibilidade de seguemento en liña, impartida por José Antonio Núñez Fernández, responsable de calidade, procesos e proxectos especiais de Retegal, que será presentada polo director da Área de Sociedade Dixital da Amtega, Miguel Rodríguez Quelle.
Inscricións
A conferencia está pensada para dar impulso ao coñecemento das tecnoloxías IoT máis descoñecidas, non baseadas en redes 4G ou 5G, que están chamadas a xerar novas aplicacións de uso na estrutura económica galega.
Está dirixida a enxeñeiros de telecomunicación, electrónica industrial e informática, docentes e estudantes de Formación Profesional e empresas de enxeñería ou empresas de servizos TIC.
Esta actuación está enmarcada nas actividades de promoción das Tecnoloxías da Información e Comunicación que se recollen no convenio que anualmente a AETG asina coa Axencia para a Promoción Tecnolóxica de Galicia.