Celébrase o Smart Weekend en A Coruña

O Smart Weekend é o novo evento da Coruña onde se dá cabida a actividades de ámbito tecnolóxico tanto na rama do lecer como na do desenvolvemento e que terá lugar no Coliseum os días 6, 7 e 8 de xuño.

Cunha cantidade inicial de 500 postos de rede-Lan e unha conexión de alta velocidade, durante o Smart Weekend realizaranse actividades variadas como o smart - Dev, que busca para fomentar as relacións entre os freelance da informática e o deseño coas empresas do sector, e o smart - Lan onde os usuarios poderán intercambiar información a través dun servidor de DC, participar en actividades, torneos de videoxogos, quizz...

Mais Información