AtlantTIC oferta 50 novos postos de traballo para investigadores
o centro AtlantTIC vén de ofrecer 50 postos de traballo para estudantes de doutoramento, enxeñeiros júnior e doutores na área de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC).
AtlantTIC é o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e a Comunicación impulsado pola Universidade de Vigo. A experiencia dos seus investigadores cobre unha ampla gama de áreas científicas relacionadas co TIC e integra varios grupos de referencia a nivel mundial en diferentes campos das telecomunicacións, o cal vén avalado por publicacións internacionais (máis de 80 artigos en revistas do SCI e máis de 200 publicacións en congresos internacionais de referencia en 2013), premios a teses doutorais (varios premios á mellor Tese Doutoral segundo o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación); ademais, algúns dos seus investigadores son editores asociados das prestixiosas revistas do IEEE.
Os novos investigadores integraranse nalgunhas das áreas de investigación dos grupos de AtlantTIC, como Procesamiento de Sinais, Comunicacións Dixitais, Radiocomunicaciones, Enxeñaría Electromagnética, Enxeñaría Biomédica ou Redes e Servizos de Telecomunicación.
Os candidatos interesados poden atopar toda a información sobre a oferta na web AtlantTIC.