Amplíase o prazo para inscribirse no Programa Pioneiros .gal
O prazo para solicitar ser un dos 90 pioneiros do .gal ampliouse ata o venres 11 de xullo. Quedan poucos días para solicitar entrar no grupo de institucións, empresas e colectivos que xa amosaron o seu compromiso coa promoción da lingua e da cultura galegas solicitando poder activar a súa web co .GAL o vindeiro 25 de xullo.
Máis información en Asociación Puntogal.
A Asociación puntoGAL, da que forma parte a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, seleccionará os 90 pioneiros entre as solicitudes enviadas até este venres as 00.00 horas. Os seleccionados poderán beneficiarse dun domino .gal uns cinco meses antes que os demáis. O resto de fases de lanzamento do .gal comezarán en setembro e as direccións non se activarán até os últimos meses do ano.
As normas que regulan o Programa Pioneiros e o formulario de solicitude están publicados en liña dende o 1 de xuño en www.dominio.gal. Este portal explica as vantaxes, requisitos e prezos do Programa Pioneiros.
Irémosvos informando na web sobre esta convocatoria e outras información que vaian tendo lugar sobre o .gal.