Aberto prazo convocatoria axudas a emprendedores: Galicia Open Future
Recentemente presentouse na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, o proxecto Galicia Open Future, iniciativa de apoio ao emprendemento impulsada por Telefónica e que conta coa colaboración da Xunta de Galicia.
Galicia Open Future ten a súa sede operativa no centro crowdworking ‘O Gaiás’, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. Un espazo de máis de 400 metros, que entrará en funcionamento despois do verán, aberto á participación de todos os emprendedores de Galicia. O prazo de inscrición de iniciativas emprendedoras manterase aberto ata o 15 de xuño. A partires desa data e ata o 20 de xullo, seleccionaranse os 50 mellores proxectos que entrarán no espazo de crowdworking a partir de setembro.
Estes proxectos seleccionados recibirán unha aportación de 2.000 € na convocatoria anual de ideas de Galicia Open Future. Unha vez superada a primeira fase do plan de formación, na participarán estas 50 mellores propostas, os 3 mellores proxectos poderán optar a unha axuda da Xunta de Galicia a través de GAIN de 25.000 €, para ao desenvolvemento do teu proxecto e acceder a préstamos reembolsables, concedidos polo IGAPE a través de XESGALICIA, por valor doutros 25.000 €.
Esta iniciativa local funcionará, ademais, como un centro de traballo onde emprendedores galegos poderán conectar con players de todo o mundo. O obxectivo é crear proxectos de alto valor que vivan a economía global como un ecosistema natural onde competir cos mellores recursos.