Xornada virtual: "APOI: Dixitalizando o Noso Patrimonio Inmaterial"
A Asociación e Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia organiza xunto coa Asociación PuntoGal, a xornada virtual "APOI: Dixitalizando o Noso Patrimonio Inmaterial", en conmemoración do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2025, coa participación do Museo do Pobo Galego. Terá lugar o vindeiro mércores 28 de maio ás 11:00 horas e consistirá nun debate no que os participantes poñerán de manifesto a importancia das tecnoloxías da información e a comunicación, na transmisión e conservación do patrimonio inmaterial da nosa cultura.