Xornada sobre novas oportunidades de negocio para proxectos baseados na navegación por satélite

Xornada sobre novas oportunidades de negocio para proxectos baseados na navegación por satélite

O Portavoz da Axencia Espacial Europea en España, Javier Ventura-Traveset, falará este venres, día 5, no Centro de Negocios de Porto do Molle sobre "A navegación por satélite e o sistema Galileo: unha extraordinaria oportunidade para o desenvolvemento de aplicacións no sector espacial". No devandita relatorio trataranse aspectos relevantes sobre a ESA e o sector espacial en España, a navegación por satélite, o sistema Galileo e unha visión global do mundo aplicativo e das oportunidades para o desenvolvemento de aplicacións no sector espacial.

Na xornada tamén intervirá Teresa Pedrosa, Delegada do Estado no Consorcio da Zona Franca, e Francisco J. Diaz-Otero da Universidade de Vigo, quen presentará o concurso "European Satellite Navigation Competition 2015 Galician Community Challenge" xa que é este profesor o punto de contacto en Galicia da organización do devandito concurso.

A asistencia é gratuíta e aberta.

Máis Información