Xornada sobre Aceptación Universal coa participación do Colexio

O vindeiro venres, día 28 participamos na xornada sobre Aceptación Universal, que terá lugar na facultade de Comunicación Audiovisual da Universidade da Coruña e está organizada por PuntoGal e ICANN. O obxectivo é dar a coñecer a importancia da Aceptación Universal de Internet, unha ferramenta esencial para garantir que todos os nomes de dominios e correos electrónicos sexan recoñecidos e empregados correctamente en todos os sistemas e aplicacións en liña, independentemente do idioma, e promover así a inclusión dixital.
A sesión busca concienciar sobre o desafío que supón a implantación completa da UA na rede e os beneficios económicos e culturais que representa, e a resolver dúbidas prácticas.
Julio Sánchez Agrelo, decano do COETG, participará na presentación da xornada xunto con representantes de distintas entidades afíns.
As persoas interesadas poden formalizar a inscrición ao evento a través deste formulario.
PuntoGal, a xestora do dominio identificador de Galicia na rede, e da que a AETG forma parte, publicou unha guía para dar a coñecer a importancia da Aceptación Universal –Universal Acceptance, UA, en inglés, un concepto esencial para garantir unha internet accesible e inclusiva en calquera idioma.
Máis información aquí.