Víctor Calvo Sotelo, novo Secretario de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información

Víctor Calvo Sotelo foi designado como sucesor de Juan Junquera ao fronte da Secretaría de Estado de Telecomunicacións, máximo órgano reitor das Tecnoloxías da Información e a Comunicación en España.

O fillo do segundo presidente da democracia ten por diante grandes retos como o impulso ao sector TIC en España ou concretar o futuro de diversos organismos como Red.es e o Inteco.

O novo titular deste gabinete dependente do Ministerio de Industria, que tomou posesión do seu cargo tras os habituais protocolos que adoitan acompañar a estes nomeamentos de segundo nivel na estrutura do Executivo, non é a primeira vez que forma parte do Goberno nacional, posto que xa foi subsecretario do Ministerio de Fomento con Aznar.

Antes de converterse no novo secretario de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información, este Enxeñeiro exerceu numerosos cargos de responsabilidade en empresas de sectores moi diversos. Tras rematar os seus estudos foi profesor na Universidade de California para logo regresar a España para traballar en Airtel e entrar en política en resposta á chamada de José María Aznar. Dende o seu posto como subsecretario de Fomento, tivo un papel destacado na privatización de Telefónica e no cambio de modelo ferroviario neste país.