VI Torneo de Golf CGES 2025. Golf Xaz. Oleiros (A Coruña) 12 e 13/09/2025

GolfCGES25

O 12 e 13 de setembro terá lugar no clube de Golf Xaz de Oleiros, o sexto torneo que o Consello Galego de Enxeñerías - CGES, organiza para membros colexiados.

Hai 50 prazas patrocinadas, a un prezo de 35 €, para integrantes do CGES, que se repartirán entre os oito colexios: Agrónomos; Camiños, Canles e Portos; Industriais; ICAI; Minas; Montes; Navais e Oceánicos e Telecomunicación. Os interesados en participar poderán realizar a preinscrición no seu respectivo colexio, ata o mércores 3 de setembro ás 24:00 h. No caso dos integrantes do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia interesados en participar, poden solicitar a preinscrición enviando o formulario do anexo cos datos solicitados ao correo electrónico comunicacion@coetg.gal

A partir do venres 5 de setembro, o coordinador da actividade contactará cos interesados con praza adxudicada patrocinada para formalizar a inscrición e facilitarlles información para o pago correspondente.