Un novo grupo de colexiados visita as instalación do Grupo PSA
Dado o éxito acadado na primeira visita realizada ao Grupo PSA no mes de febreiro o COETG acordou coa factoría a realización dunha segunda visita que tivo lugar na tarde do mércores 25 de maio.
Os colexiados e acompañantes foron recibidos polo responsable de Sistemas da entidade, que realizou unha presentación sobre a planta achegando datos sobre o volume de coches fabricados, número de traballadores e o posicionamento da fábrica respecto doutras a nivel internacional no referente a volume de fabricación e innovación tecnolóxica.
De seguido, segundo o programa previsto e unha vez ataviados cos equipos de protección individuais, realizouse un percorrido pola fábrica seguindo a cadea de produción, a través do cal se visualizou da construción dun vehículo en todas as súas fases como o ensamblado e montaxe, loxística e controis de calidade, entre outras. Esta visita estivo guiada polo responsable de Comunicación da entidade, o cal foi explicando todo o proceso de producción.
Posteriormente á visita pola fábrica, os asistentes asistiron a varias charlas expositivas sobre os últimos avances tecnolóxicos no sector da automoción, os sistemas de comunicación, o coche conectado, a industria 4.0 e o internet das cousas, todas elas impartidas por enxeñeiros de telecomunicación expertos en innovación tecnolóxica no sector automovilístico.