A partir do vindeiro 2 de outubro é obrigatorio verificar os proxectos de ICT, así que o último día para realizar o visado destes proxectos será o venres 30 de setembro

O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia informa que o vindeiro venres 30 de setembro será o último día para realizar o visado dos proxectos de ICT xa que a partir do 2 de outubro as ICT deberán seguir o procedemento de verificación establecido pola nova normativa.

É recomendable que se envíen os proxectos polo menos con 24 horas de antelación ó devandito día.

Para calquera consulta podes contactar a traveso do enderezo electrónico svc@coetg.es ou do teléfono 981919300.