Participamos no Foro TAI Galicia "Retos tecnolóxicos para o futuro da empresa galega"
O Foro TAI Galicia debatiu na Coruña sobre os retos dixitais do tecido empresarial
TAI Editorial, en colaboración coa Asociación e o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, organizou o 18 de setembro na Coruña o Foro TAI Galicia: Retos tecnolóxicos para o futuro da emprega galega. O encontro reuniu a líderes de sectores como a banca, os medios, a industria, a Administración e a educación para analizar desafíos e oportunidades en dixitalización, innovación e internacionalización.

As empresas participantes subliñaron a necesidade dunha transformación dixital real adaptada á realidade galega, marcada pola predominancia de pemes e micropemes con poucos recursos para implantar tecnoloxías avanzadas. Tamén se destacou a escaseza de talento e a dificultade de atopar relevo xeracional, así como a importancia de apostar por modelos de negocio flexibles que faciliten a internacionalización.
A ciberseguridade foi outro dos eixos principais do foro, coa análise de ameazas como o ransomware, os ataques á cadea de subministración ou o hacktivismo, e a adaptación ás novas normativas europeas. Representantes de empresas galegas de referencia, xunto co CESGA, abordaron cuestións como o salto ao wifi7, a nube e a intelixencia artificial, acompañados de solucións achegadas polos provedores tecnolóxicos.

A sesión contou coa intervención do presidente da AETG e decano do COETG Julio Sánchez que xunto a Lois Orosa, director do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), puxeron en valor a importancia da innovación tecnolóxica e o potencial de capacidades que ten a comunidade.
