Oferta urxente: revisión de ofertas presentadas a concurso (central telefónica IP)
Oferta recibida desde o Parque Tecnolóxico de Galicia.
Trátase dun encargo urxente, polo que, de estar interesado, pregamos se contacte antes do xoves 23 de abril ás 12:00 horas.
Búscase unha empresa ou profesional da enxeñaría para revisar e valorar, conforme aos pregos, dúas ofertas presentadas nun concurso para a contratación do servizo de central telefónica virtual IP.
A información completa do procedemento e os pregos están dispoñibles aquí.
Por razóns de independencia e obxectividade na avaliación, é imprescindible que as persoas ou entidades candidatas non teñan ningunha relación coas empresas participantes: NORVOZ TELECOM S.L. e MAINTENANCE DEVELOPMENT S.A.
Para remisión de CV ou información adicional: jtaibo@tecnopole.gal e luisa@tecnopole.gal