Obtén a convalidación do título de Enxeñeiro de Telecomunicación ao do nivel MECES correspondente
De interese para colexiad@s
Como xa saberedes o venres 2 de outubro saíu publicado no Boletín Oficial do Estado (BOE número 236) o acordo do Consello de Ministros polo que se determina o nivel de correspondencia ao nivel do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior do Título Universitario Oficial de Enxeñeiro de Telecomunicación.
Establécese así a correspondencia do título de Enxeñeiro de Telecomunicación co nivel 3 (máster) do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior (MECES), que se corresponde co nivel 7 do Marco Europeo de Cualificaciones (EQF).
O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, habilitou mediante certificado dixital a opción de solicitar na súa páxina web un certificado persoal de correspondencia do título de Enxeñeiro de Telecomunicación ao nivel 3 do MECES.
Para a súa obtención pódese acceder á plataforma habilitada a través dun certificado (FNMT ou o DNI electrónico) e do número de 10 díxitos que aparece no título baixo o apartado "Rexistro Nacional de Títulos". Proporciónase así un certificado asinado electrónicamente que se pode descargar no momento e, a posteriori, sempre que se queira.
Se non se ten o título a man, a numeración requirida pódese obter na seguinte ligazón: acceso a número do título.
Acceso á plataforma para a obtención da correspondencia do título