O Colexio obtén unha sentenza favorable na defensa do acceso dos telecos a unha praza de emprego público en Canarias

coetg01

O Xulgado do Contencioso Administrativo das Palmas emitiu unha sentenza favorable que reafirma o dereito dos Enxeñeiros de Telecomunicación a optar a determinadas prazas de emprego público no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións. A resolución desestima o recurso interposto polo Colexio de Enxeñeiros Técnicos en Informática de Canarias contra o Concello de Tías (Lanzarote) e confirma a validez da convocatoria que permitiu o acceso dos nosos colexiados á oposición. 

Esta sentenza consolida o recoñecemento das nosas atribucións nos procesos de acceso á función pública no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións. 

Desde o Colexio seguimos traballando activamente para garantir o acceso de todos os colexiados ás diferentes oportunidades laborais ás que poidan acceder pola súa formación e capacidades.

Accede a todo o contido da noticia aquí.