O COETG organiza unha conferencia-coloquio con Marcelo Soria, Vicepresidente de Data Services en BBVA Data & Analytics

O COETG organiza unha conferencia-coloquio con Marcelo Soria, Vicepresidente de Data Services en BBVA Data & Analytics

No marco das actuacións realizadas co propósito de contribuír á promoción e ao desenvolvemento das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG) organiza, en colaboración co Consello Territorial de AMETIC Galicia e a Asociación para o Progreso da Dirección (APD), o Encontro do Sector TIC, que terá lugar o vindeiro martes 23 de xuño no hotel AC Palacio del Carmen en Santiago de Compostela, a partir das 11:30 horas.

A xornada, na que contaremos coa presenza da directora da AMTEGA, Dna. Mar Pereira, abrirase coa conferencia titulada "Datos? Que facer? Por que precisamente eu?", que correrá a cargo do Vicepresidente de Data Services en BBVA Data & Analytics, D. Marcelo Soria Rodríguez. Tralo relatorio os asistentes poderán intercambiar opinións persoalmente co Sr. Soria, na rolda de preguntas que terá lugar posteriormente.

Programa da xornada

Programa e código de inscrición para asociad@s/colexiad@s (para acceder ao programa debe iniciar sesión).

O colexiad@/asociad@ interesado deberá rexistrarse na páxina web de APD www.apd.es, introducindo o código indicado no programa da xornada.