O COETG imparte unha conferencia aos estudantes do máster na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Baixo o título “A Enxeñaría de Telecomunicación na Sociedade da Información”, o xerente do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, Ricardo Fernández, impartíu o xoves 22 de outubro unha conferencia aos estudantes do máster de Enxeñaría de Telecomunicación, na que deu a coñecer aos futuros enxeñeiros a entidade e as actividades que desenvolve o COETG/AETG, achegándolles un pouco máis o mundo profesional.