Novo sorteo de bolsas en formación con Galicia Business School

De interese para asociad@s/colexiad@s
Como xa é tradicional nos últimos anos, en virtude do convenio de colaboración que mantemos coa escola de negocios Galicia Business School, lanzamos un novo sorteo de catro bolsas desconto do 40% aplicables aos másteres e programas directivos que oferta este centro e que se poden consultar no enlace programas GBS. Poderase contar así cunha bolsa de ata 5.380 euros nos programas executive, de dirección, marketing dixital, ventas, finanzas, RRHH e ou operacións.
Os asociad@s/colexiad@s interesados en participar deberán realizar a inscrición a través do seguinte formulario que estará dispoñible ata o 31 de marzo. Finalizado este prazo comunicarase o fallo do sorteo ás catro persoas gañadoras.
Formulario de inscrición ao sorteo
Con independencia do resultado do sorteo, as persoas interesadas poderán beneficiarse dun desconto especial en todos os programas abertos de Galicia Business School.
Para resolver calquera dúbida sobre os programas formativos ou a mecánica do sorteo, pódese contactar directamente con info@galiciabusinessschool.es ou no 886 317 146.