En marcha a segunda edición de axudas a emprendedores Galicia Open Future

En marcha a segunda edición de axudas a emprendedores Galicia Open Future

Telefónica xa abriu o prazo de inscrición para participar na segunda edición de Galicia Open Future, o gran centro de emprendemento galego impulsado en colaboración coa Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Consellería de Economía e Industria, e que ofrece a 50 proxectos empresariais innovadores a posibilidade de evolucionar a súa idea co obxectivo de impulsar a xeración de riqueza e o emprego en Galicia.

As empresas e profesionais interesados en formar parte de Galicia Open Future poden consultar as bases e presentar a súa idea, ata o 15 de xullo de 2015, a traverso da plataforma habilitada Galicia Open Future, optando deste xeito a ser un dos 50 proxectos que participen nesta segunda edición.

Cada un destes proxectos poderá contar con formación e adestramentos personalizados que lle axuden a evolucionar máis rápido, así como beneficiarse de todas as vantaxes que supón a globalidad do programa de Telefónica en canto a partners (62 socios públicos e privados), contactos con clientes e acceso a toda a rede de espazos Open Future (máis de 20 espazos en 17 países), así como visibilidade nas diferentes iniciativas que conforman a escaleira Open Future: Wayra, Fondos de Investimento, Think Big...

Máis Información