Curso práctico sobre Instalación internet por satélite

O martes 22 de outubro a partir das 16:00 horas no Centro GaiásTech en Santiago de Compostela impartirase o curso práctico "Instalación internet por satélite" dirixido a instaladores de empresas instaladoras de telecomunicación rexistradas no rexistro de empresas instaladoras de telecomunicación.
Trátase dunha formación esencial para os instaladores que queiran coñecer o proceso de instalación do kit asociado do programa UNICO Demanda Rural. Este curso está deseñado para proporcionar habilidades prácticas e coñecementos técnicos nunha contorna real, perfecto para quen prefire a aprendizaxe activa e a experiencia directa.
As prazas son limitadas. É imprescindible a inscrición.
Máis información e formulario de solicitude de praza aquí.