Convocatoria de eleccións á Xunta de Goberno Territorial do COETG
A Xunta de Goberno Territorial acordou a CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS á Xunta de Goberno Territorial do COETG para o vindeiro 23 DE ABRIL DE 2025, de conformidade co disposto nos vixentes Regulamento Particular de Funcionamento do COETG e Estatutos Generales do COIT.
As candidaturas deberán obrar na Secretaría da Demarcación Territorial o día 8 de marzo de 2025, de acordo co Regulamento Particular de Funcionamento do COETG e Estatutos Generales do COIT.
A efectos de necesidade dunha posible comunicación urxente por parte da Mesa Electoral coa candidatura presentada, é imprescindible que se especifique un número de teléfono de contacto e un correo electrónico.
Toda a información relativa a este proceso electoral irase actualizando a través desta páxina web segundo o procedemento que estableza a Mesa Electoral ou o propio COETG. Para a presentación de candidaturas, é necesario o seguemento destas actualizacións de información relativas ao proceso.
Calquera dúbida ou consulta que queiras realizar sobre este proceso electoral pódela dirixir ao correo electrónico administracion@coetg.gal ou chamando ao teléfono 981.919.300.
Regulamento Particular de Funcionamento do COETG
Estatutos Generales do COIT e nota informativa
Reglamento General Régimen Interior COIT