Convocada a primeira edición dos Premios de Transferencia de Tecnoloxía en Galicia
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Axencia Galega de Innovación (GAIN) convocan a primeira edición dos Premios de Transferencia de Tecnoloxía en Galicia.
Estes galardóns nacen coa vontade de recoñecer o traballo dos investigadores e dos empresarios que apostan pola transferencia de coñecemento como base para o desenvolvemento socioeconómico de Galicia.
Os premios convócanse en dúas modalidades: Mellor traballo de investigación aplicada e Mellor caso de éxito empresarial. O prazo para presentar candidaturas está aberto ata o 29 de outubro de 2015.