Coloquio no Día Internacional da Muller Enxeñeira
Baixo o título "Aprendizaxe entre pares: o impulso e inspiración que necesitamos. Experiencia de mulleres enxeñeiras" os compañeiros do Colegio Oficial de Ingenieros Industriales de Galicia organizan este inspirador coloquio para celebrar o Día Internacional da Muller Enxeñeira.
O acto contará coa participación de tres mulleres enxeñeiras referentes nos seus campos:
- Natalia Barreiro, Directora Complexo Industrial A Coruña, Repsol – Enxeñeira industrial.
- Irene Souto, Directora Comercial Autoridade Portuaria da Coruña – Enxeñeira de camiños.
- María Moreno, CEO Greenalia Power Spain – Enxeñeira de minas.
Terá lugar o 20 de xuño ás 19 horas en formato mixto (presencial e virtual).
Máis información e inscricións aquí