Colaboramos na sexta edición do CIBER.gal. Inscricións xa abertas
Os días 4, 5 e 6 de novembro celebrarase en Santiago de Compostela, a sexta edición do Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.gal, unha cita de referencia para o impulso da ciberseguridade en Galicia, na que participamos como colaboradores.
Ao longo das tres xornadas, o evento ofrecerá un espazo de encontro entre estudantes, profesionais e empresas, con actividades e espazos de coworking e salas de reunións destinados a favorecer o intercambio de coñecementos e a colaboración.
As inscricións están abertas e poden consultarse as actividades dispoñibles e reservar praza a través da web de inscricións de CIBER.gal.