As claves para o exercicio da profesión en seis webinarios. Matrícula aberta

exercicioprofesion

O 24 de abril arranca o ciclo de seminarios que baixo o título Claves para o exercicio da profesión imparte o Colexio co obxectivo de coñecer os puntos esenciais para exercer con éxito, evitando erros comúns e potenciando as capacidades do profesional para diferenciarse no mercado. 

Ao longo de seis sesións, expertos en distintos campos compartirán a súa experiencia e coñecemento sobre as oportunidades profesionais, a regulación do exercicio da profesión, a relación con clientes e a xestión de proxectos en sectores clave como a edificación, a urbanización, as auditorías TIC ou as enerxías renovables.

Está deseñado para aqueles profesionais que desexan desenvolver a súa carreira por conta propia no ámbito da enxeñería de telecomunicación.  

Máis información e inscricións aquí.

CALENDARIO DE SEMINARIOS

  • O Salto a Traballador por Conta Propia en Telecomunicacións (24/04/20225).
  • Marco Legal e Fiscal do Exercicio Profesional (08/05/2025).
  • Enxeñería de Telecomunicación na Edificación e o Urbanismo (22/05/2025).
  • Auditorías TIC e Peritaciones (05/06/2025).
  • Proxectos de Apertura de Locais e Licenzas Municipais (19/06/2025).
  • Proxectos de Enerxías Renovables e Almacenamento (03/07/2025).