Celebramos a conferencia "Tecnoloxías 5G NB-IoT por satélite" o día 6 de xullo ás 12h.
O vindeiro día 6 de xullo de terá lugar a conferencia "Tecnoloxías 5G NB-IoT por satélite" da man de Marco Guadalupi, enxeñeiro de telecomunicación experto nesta área.
A xornada organízase coa colaboración da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia co obxectivo de dar pulo ao coñecemento de tecnoloxías IoT por satélite, como alternativa de uso na estrutura económica galega.
Está dirixida a enxeñeiros/as das especialidades de telecomunicacións, electrónica industrial e informática, ademais de docentes e estudantes de Formación Profesional e empresas de enxeñería e servizos TIC.
Marco Guadalupi e enxeñeiro de telecomunicación pola Universidade de Bolonia, posgrado en Auditoría en Seguridade Informática e máster en Internet das Cousas. Cofundador e Director Técnico de Sateliot, o primeiro operador de telecomunicacións satelitais que proporcionará conectividade global e continua a tódolos elementos que conformarán o universo da Internet das Cousas (IoT) -como a agricultura conectada ou a gandeiría extensiva baixo o estándar 5G NB-IoT NTN.