Asinamos un convenio de colaboración con PuntoGal

Asinamos un convenio de colaboración con PuntoGal

A asociación PuntoGal e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia asinaron este xoves 27 de setembro un convenio de colaboración co obxectivo de ampliar as súas accións de colaboración para promover o desenvolvemento do galego mediante o uso e incorporación das novas tecnoloxías das telecomunicacións e contribuír á difusión da cultura da nosa comunidade.

O acto de firma tivo lugar por parte dos representantes de ambas as entidades, Manuel González González e Julio Sánchez Agrelo, como presidentes da Asociación PuntoGal e da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia respectivamente.

Image removed.

Desta maneira, ambas entidades manteñen o propósito de realizar actividades e proxectos en forma conxunta en asuntos que resulten de interese para ambas as entidades como, por exemplo, a organización de actividades formativas, eventos de interese común, proxectos e publicacións, etc.

Esta acción enmárcase na colaboración institucional que existe dende a creación do dominio entre ambas institucións e no marco do plan de PuntoGal para incentivar o uso do dominio entre colectivos representativos da sociedade galega.