Asinado o convenio con Abanca con vantaxes específicas en prol dos profesionais
De interese para colexiadas e colexiados
O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia asinou un convenio con Abanca co obxectivo ofrecer aos asociados unha serie de productos bancarios con vantaxes exclusivas pensados especificamente para os profesionais telecos.
Coa idea de promover o traballo do noso colectivo, protexer os seus intereses e valores profesionais, asinouse este acordo a través do cal as persoas interesadas poderán solicitar orientación personalizada cun xestor que lles axudará a atopar a mellor solución ás súas necesidades con produtos deseñados a medida.
Condicións dispoñibles no apartado Convenios con Entidades.