Alumnos e alumnas do Máster en Enxeñaría de Telecomunicación de Vigo, protagonistas hoxe no COETG/AETG

charlaEET

Celebrada esta mañá a conferencia na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación de Vigo, na que o secretario técnico do COETG, Javier Fernández Fraga, puxo en valor todo o que o colexio e a asociación de Telecos poden facer polos recén titulados e os que se atopan nos últimos anos da titulación. A figura do precolexiado é esencial para entrar a formar parte do colectivo, gozando das vantaxes de pertencer a ámbalas dúas entidades ao igual que os colexiados.

Javier, profesional con ampla experiencia no exercicio libre da profesión, achegou ao alumnado a súa visión sobre a enxeñería de telecomunicación como profesión, nas múltiples áreas nas que se pode exercer coa titulación e resaltou a importancia de pertencer a un colectivo coma o noso, que actúa en defensa dos colexiados e da profesión, ao tempo que promociona e dá a coñecer a importancia da figura dos profesionais das TIC na sociedade.