Novos cursos on line con matrícula aberta para abril

Novos cursos on line con matrícula aberta para abril

Nas vindeiras datas darán comezo novos cursos en formato on line organizados polo Colexio e que poden ser de interese para todos os colexiados. Ciberseguridade, proxectos de redes de fibra óptica e evidencias dixitais son tres das temáticas que centrarán a oferta formativa durante o mes de abril. Destaca tamén o taller sobre o control e navegación de RPA´s.

Toda a información dos programas e inscrición dos cursos pódese consultar en : Información oferta formativa.