Chega a Galicia o Tour Tecnolóxico asLAN 2025 "IA + Innovación dixital. Grandes retos e oportunidades"

Aslan2025

De interese para colexiados

A Asociación @asLAN celebra unha nova edición do Tour Tecnolóxico en varios puntos da xeografía española e chega a Galicia, coa colaboración do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia. Concretamente, terá lugar en Santiago de Compostela o xoves día 16 de outubro. Esta iniciativa conforma un espacio de encontro e divulgación tecnolóxica en Galicia, no que se darán cita destacados fabricantes TI internacionais, partners tecnolóxicos rexionais e responsables TI do sector público e privado.

A edición deste ano do Tour Tecnológico @asLAN quere dar a coñecer os últimos avances tecnolóxicos da primeira mitade de 2025 para que empresas de todo tipo aproveiten as súas vantaxes, acadar un alto grado de ciberresiliencia e optimizar as súas operacións mediante a transformación dixital apoiada na IA.

O Foro celebrarase no Hotel NH Santiago 5*. A inscrición ao evento é gratuíta por cortesía do COETG e pódese realizar no seguinte enlace:

Inscrición asLAN - Santiago de Compostela