Asinado o convenio de colaboración con Galicia Business School
A entidade Galicia Business School e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia asinaron esta mañá un convenio de colaboración co obxectivo de facilitar a formación a profesionais e directivos, enfocada ao desenvolvemento de programas, tanto para a integración dos mozos no mundo da empresa como a actualización e o desenvolvemento directivo de empresarios e profesionais.
O acto de firma tivo lugar por parte dos representantes de ambas as entidades, Eduardo García Erquiaga, director xeral de Galicia Business School e o presidente da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, Julio Sánchez Agrelo.
Froito deste convenio, a AETG colaborará na difusión das actividades formativas de Galicia Business School entre os seus asociados, consciente da importancia da formación continuada dos profesionais e directivos ao longo da súa traxectoria profesional. Pola súa banda, a entidade ofrecerá descontos na realización dos Master que imparte para facilitar así a formación do colectivo.
Para máis información dos descontos: Galicia Business School