Participa no European Satellite Navigation Competition

O Colexio Oficial/Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia animáte a participar no Concurso Europeo de Navegación por Satélite (ESNC). Este é un concurso internacional de innovación organizado pola Axencia Espacial Europea (ESA) e os Ministerios alemáns de Transportes e Enerxía que premia as mellores ideas para o desenvolvemento de aplicacións de navegación por satélite. Anualmente busca as mellores ideas sobre mellores servizos, produtos e innovacións que utilicen a navegación por satélite na vida cotiá. Os participantes concursan a nivel rexional e os gañadores de cada rexión poden acadar ata sete premios especiais concedidos por partners empresariais e institucionais europeos.

O ESNC 2015 organízase por primeira vez en Galicia por invitación da ESA e está organizado polo Consorcio da Zona Franca de Vigo, co Igape e coa Axencia Galega de Innovación (GAIN) en colaboración coa Universidade de Vigo. O premio ao gañador rexional é un ano de incubación nun dos parques empresariais do Consorcio da Zona Franca de Vigo.

O prazo de presentación de propostas finalizará o próximo 30 de xuño.
O envío de ideas é telemático desde a páxina web do concurso: galicia.esn.eu
Punto de contacto da organización para dúbidas ou consultas: Francisco Javier Díaz Otero (fjdiaz@com.uvigo.es)

Presentación do ESNC en Galicia