O COETG participa no Foro de Economía Dixital Galicia

Hoxe martes 25 de marzo celébrase en Santiago de Compostela o primeiro Foro Economía Dixital Galicia no que contamos coa participación de empresarios, institucións e organizacións profesionais. María Jesús Lorenzana Somoza, conselleira de Economía abrirá a xornada, na que tamén participa o xefe da Oficina Económica da Xunta de Galicia e o decano/presidente de COETG, Julio Sanchez Agrelo.
A xornada terá lugar a partir das 11.00 horas en Leira da Rocha e está aberta ao público.
A temática sobre a industria resulta, nestes momentos, non só transcendental para calquera país, debido ao movemento de reindustrialización que se está producindo en Europa; tamén é vital para o desenvolvemento económico e social de Galicia.
Para inscrición e programa completo aquí.